A Chan



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

No galego occidental conflúen nun mesmo resultado, chan, o masculino e o feminino (O Chan, A Chan) correspondentes ao latín PLANU, PLANA, a diferenza do que sucede noutras áreas galegas nas que si que se diferencian: por unha banda o masculino o chao / o chau e pola outra o feminino a chá. Normalmente, estes nomes designan zonas caracterizadas pola súa orografía. En Saxamonde rexístrase Chan de Esteiro no barrio de Souto; A Chan do Curro e A Chan do Trebo no barrio de Padrón e A Chan no barrio de Os Valos.