O Cerrado



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Cerrado vén do latín tardío SERARE, derivado de SERA "pechadura". O feito de que teña un -rr- débese a unha confusión con serrar, do latín SERRARE. No dicionario da Real Academia Galega (DRAG) aparece definido como "terreo pechado cunha construción deste tipo". O femenino cerrada tamén fai referencia a propiedades cercadas. Na parroquia de Saxamonde rexístranse varios nomes con este substantivo.No barrio de Padrón tamén se rexistra O Cerrado.