A Cerrada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Cerrado vén do latín tardío SERARE, derivado de SERA "pechadura". O feito de que teña un -rr- débese a unha confusión con serrar, do latín SERRARE. No dicionario da Real Academia Galega (DRAG) aparece definido como "terreo pechado cunha construción deste tipo". O femenino cerrada tamén fai referencia a propiedades cercadas. Na parroquia de Saxamonde rexístranse varios nomes con este substantivo. No barrio de Os Valos está Cerrada de Camisas e Cerrada de Casas.