As Cavadiñas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O topónimo menor As Cavadiñas leva o sufixo -iña como diminutivo de cavada. Esta procede do participio de do verbo cavar, no latín CAVARE, e sería pois unha unha *(TERRA) CAVATA. Unha cavada é unha porción de monte que se cacha ou rotura por primeira vez para destinala a cultivos. A maior parte das cavadas da nosa toponimia remontan á época medieval. O terreo As Cavadiñas da parroquia de Saxamonde atópase no barrio de Casal do Monte. Xa aparece documentado no 1760 nun expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde como "Cabadiñas" ou "Cavadiña".