Campo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O nome deste lugar vén da voz campo (latín CAMPUS "chaira"), que significa "superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo" (DRAG). Este último significado que relaciona a voz campo cun lugar dedicado ó cultivo é, segundo indica Corominas, unha innovación romance. Este topónimo é abundante na parroquia de Saxamonde. No barrio de Os Valos é onde se rexistran nomes como Campo de Alá, Campo de Aquí e Campo de Arriba que fan referencia a posicións relativas, e Campo Pequeno e Os Campos todos referidos a terreos. No barrio de Casal do Monte atópase Campo de Víctor e outro terreo denominado Os Campos. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece "Campo dos Valos", pero non se indica máis para saber a cal se refire e tamén consta o "Campo de Arriva".