O Cacharelo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
O Cacharelo semella ser o masculino de cacharela. Este pode ser un topónimo agrícola que, en primeira instancia, proviría dunha base do latín vulgar *CASCULARE "romper", no sentido de cachar ou cavar e despois queimar, unha superficie montesía para sementar, normalmente, trigo. A terminación en -elo, do latín -ELLU, indica que este nome está en diminutivo. Así pois, O Cacharelo do barrio de Os Valos podería facer referencia a unha pequena parcela de monte cavado ou cachado cuxos restos de vexetación brava se queimaban para deixar o terreo limpo para sementalo.