As Buracas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O nome buraco ou buraca está formado por unha raíz céltica *bur- ou *bor- "furar", de orixe onomatopeico indoeuropeo. A voz buraca adoita facer referencia a unha concavidade grande ou a un burato de grandes dimensións, mais nalgunhas zonas de Galicia tamén se emprega para nomear os lugares de onde se extrae arxila. O masculino buraco designa unha "abertura que atravesa unha cousa de lado a lado" ou unha "cavidade nunha superficie de tamaño e profundidade variables".