As Besadas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Un verbo equivalente a rozar ou cachar é vesar, procedente do latín VERSARE derivado de VERSU ("suco aberto polo arado"; o nome do verso poético foi en orixe unha metáfora agrícola, pola semellanza das liñas paralelas dun poema cos sucos dunha terra arada). Así pois vesar significa arranxar para o seu cultivo un terreo que estaba a bravo. O arado empregado para isto, máis forte e resistente ca o arado común, recibía o nome de vesadouro ou vesadoiro, e as terras gañadas por ese procedemento eran vesadas. Unha boa parte das vesadas que perviven na toponimia actual de Galicia son recentes, posteriores á introdución do millo e da pataca na nosa agricultura. É moi común nestes topónimos, e no correspondente apelido de orixe toponímica, a grafía non etimolóxica con b: Besada.