A Barcia



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Barcia é o resultado dun termo prerromano VARCINA ou VARCENA, que en castelán, co -n- intervocálico conservado, daría o topónimo Bárcena. En canto ao seu significado, o topónimo Barcia adoita nomear terreos chans situados á beira ou preto dun río, aínda que non en todos os casos. Desta circunstancia parece dar conta o vocábulo galego barcia (varcia), que nalgúns dicionarios aparece coa equivalencia de "terreo chan próximo a un río que se inunda con frecuencia".