O Inxido



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Do latín EXITUM "saída", participio do verbo EXIRE "saír, ir fóra" procede o galego eixido, paralelo do castelán ejido, nomes que en orixe designaban o terreo inmediato á casa, habitualmente con horta, viña e árbores froiteiras. Tamén se rexistra na parroquia de Cedeira a variante inxido, resultado da alteración do ditongo decrecente -ei-. No barrio de Fortóns rexístrase O Inxido, como no tamén barrio de Rande.