As Cavadiñas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O topónimo menor As Cavadiñas leva o sufixo -iña como diminutivo de cavada. A Cavada procede do participio do verbo cavar, no latín CAVARE, e sería pois unha unha *(TERRA) CAVATA. Unha cavada é unha porción de monte que se cacha ou rotura por primeira vez para destinala a cultivos. A maior parte das cavadas da nosa toponimia remontan á época medieval.