O Areal



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O Areal, en latín ARENALE, topónimo de significado transparente, é un abundancial de area, co sufixo -ALE. Daquela, o lugar chamado O Areal caracterizarase por ser abundante en area. Na parroquia de Cedeira, no barrio de Fortóns, rexístranse O Areal e O Areal Redondo (adxectivo do latín ROTUNDU).