O Seixo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo seixo refírese a unha "pedra dura de pequeno tamaño que a erosión a converteu en lisa e arredondada". A palabra procede do latín SAXUM ("pedra de gran dureza").Na parroquia de Negros podemos atopar O Seixo xa documentado no Catastro de Ensenada (1756) como "O Seixo", modificado por un complemento de nome en referencia ao lugar no que se atopa, O Seixo de Arriba e O Seixo de Abaixo. Como segundo formante do topónimo aparece en O Tombo do Seixo. O lexema tombo faría referencia a un libro de pergameo de gran tamaño que teñen as igrexas, conventos, mosteiros, municipios e outras comunidades, coas copias dos seus privilexios e das escrituras das súas propiedades.