O Sendeiro de Miróns



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Negros

O substantivo sendeiro é un sinónimo de carreiro; isto é: un camiño estreito que se fai ao andar por el, que só serve para pasar a pé. En Negros actualmente temos Sendeiro de Miróns e que se dirixe ao lugar de Miróns. Este topónimo foi un antropónimo (nome de persoa) con uso frecuente na Alta Idade Media. A forma en plural parece indicarnos que o lugar tomou o nome de quen foron os seus propietarios.