A Veiga



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Negros

Veiga é un substantivo de orixe prerromana, compartida tamén polo portugués e español (vega), de significado orixinariamente hidronímico, que designa aquelas terras cultivadas situadas a carón dun curso de auga. Segundo o Nomenclátor de Galiza son 180 os lugares que teñen no seu núcleo veiga ou os seus derivados. Na parroquia de Negros podemos atopar A Veiga de Teodora, A Veiga do Cocho, A Veiga do Eido, A Veigadeira formada pola síncope de Veiga da Eira, A Veiga de Arriba, A Veiga da Mina (recollida no Catastro de Ensenada como "La Veiga Dearriba"), A Veiga de Abaixo (tamén no Catastro de 1756 como "A Veiga Davajo"), A Veiga da Mariñeira e A Veiga do Río.