A Torre



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Negros

Unha torre é unha construción estreita e alta que xeralmente forma parte doutra máis ampla. Segundo o Nomenclátor de Galicia son máis de 200 as localidades que empregan este lexema no seu topónimo. En Negros podemos destacar As Torres, no barrio de Pregal de Arriba, que se recolle no Catastro de Ensenada (1756) como "As Torres". Ademais tamén se atopan no barrio de A Igrexa os topónimos A Torre do Crego e A Torre Longa. En relación con eles aparecen Fonte da Torre, Camiño Costa da Torre e A Poza da Torre.