A Lameira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo lameira (lugar con moita lama) é un derivado do nome lama, unha masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc. con auga. Esta palabra, lama, ten orixe prerromana, característica do noroeste peninsular e que, segundo o Nomenclátor de Galiza, son derredor de 100 as localidades con este nome. Na parroquia de Negros temos tres topónimos: A Lameira, rexistrado no Catastro de Ensenada como "A Lameira". E, modificado por un complemento de nome que localiza o lugar, A Lameira de Abaixo e A Lameira de Arriba.