A Hortiña



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Negros

O substantivo común horta provén do latín HORTUM e referencia unha terra próxima á casa onde se cultivan diversos legumes, verduras e hortalizas. En Santo Estevo de Negros, distinguimos dous topónimos como A Hortiña. No barrio da Igrexa, xa rexistrados no Catastro de Ensenada (1756), un fronte o Quingueiro e o outro preto do Cocho. E no barrio de Pregal de Abaixo tamén A Hortiña, rexistrado no Catastro de Ensenada de 1756.