O Campo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo campo (do latín CAMPUM) a miúdo designa na toponimia un espazo amplo de terreo máis ou menos plano onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo. Na parroquia de Santo Estevo de Negros podemos distinguir diferentes topónimos que empregan o substantivo campo seguido dun complemento de nome: rexistrados no Catastro de Ensenada (1756) podemos atopar "O Campo Grande", "Campo do Río" ou "O Campo de Figueira". De creación máis recente temos O Campo do Triscallo, O Campo de Abaixo, O Campo de Lucía, O Campo de Mera e, por último, O Campo de Regueiro. Cabe mencionar ademais que temos a forma diminutiva O Campiño no barrio de Pregal de Arriba documentada dende 1756 no catastro de Ensenada.