A Carrasqueira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Porto Cabeiro
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

Está situado no barrio de Porto Cabeiro fronte ao Fondón do Eido. O substantivo carrasqueiro é unha forma derivada de carrasco que referencia un nome xenérico de diferentes especies da familia das ericáceas coma son, por exemplo, as arandeiras. É posible que a orixe da palabra carrasco se remonte a unha raíz preindoeuropea KARR-, conformando unha das palabras máis antigas en lingua galega.