Ríos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Porto Cabeiro
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
Os topónimos que fan referencia ás augas denomínanse hidrónimos e entre eles destaca a abundante presenza do substantivo río (do latín RIVU) que asemade adoita constituír compostos. No barrio da Igrexa podemos distinguir o substantivo cualificado por un nome ou por un complemento do nome: Río San Domingos (na fala oral tamén como Domincos, como resultado dunha gheada gutural), Río de Negros, Río Güelas e Río de Viela. Así mesmo, pode aparecer río como segundo elemento. No barrio de Porto Cabeiro: Fondo do Río tamén chamado Tesouro, As Coutadas do Río e A Chan do Río. No barrio da Igrexa: Muíño do Campo do Río. A levada é un sistema de condución da auga moi típico en Galiza. Trátase dunha canle que desviaría o curso do río ou do regueiro para conducilo cara a un muíño ou a unha finca. No caso de Cabeiro parece que o desvío se dirixía a un muíño ao cal se alude no antigo Catastro do Río Fixón.