As Presas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela

É o nome da zona máis baixa de Vilar do Mato, na estrema con Cesantes pola zona da Pantalla. Evidentemente se se chama así é porque nalgún momento houbo presas (construcións feitas nunha corrente de auga, consistente nun muro que detén a auga para acumulala) no regato que por alí descende. Mais hoxe en día non quedan restos delas, nin as acordan os veciños do lugar, aínda que si hai unha poza na zona: a Poza do Eido de Abaixo.