Ventosela
Este topónimo está formado por vento e polo sufixo diminutivo -ela. O uso deste sufixo infórmanos de que a aparición do topónimo é anterior á Idade Media, cando foi substituído por -iño. Por tanto, refírese a un lugar en situación elevado onde adoita soprar o vento con frecuencia.