Muíño
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Porto Cabeiro
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
De por parte, o substantivo muíño provén do latín MOLINUM. Os muíños son uns aparellos que se empregan (ou empregaban) para moer ou triturar certos produtos coma o millo. Son parte elemental da arquitectura tradicional galega e, polo mesmo motivo, tiveron gran relevancia na vida social da xente porque era un lugar de encontros. Grazas á pegada toponímica, en moitas ocasións onde xa non permanecen os restos da construción, sabemos da existencia dos mesmos. O único que podemos saber polo Arquivo Histórico Nacional sobre os muíños e a existencia indeterminada xa dende o século XII: "Sentencias relativas al pleito seguido por el monasterio de Santa María de Melón y el monasterio de Santa María de Armenteira sobre la posesión de unos molinos en Redondela". Na parroquia de Cabeiro atopamos Muíño do Caseiro, Muíño do Campo do Río, Muíño do Costal e Muíños de Castro. O primeiro fai referencia a un propietario alcumado ou coñecido no pobo como "O Caseiro"; os demais, á proximidade cos lugares dos que parte o xenitivo.