O Pino Manso



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Como di Iván Sestay, os pinos mansos son moi pouco abundantes entre nós, por iso a presenza dun só exemplar illado, como é o caso deste, na zona máis alta do Eido de Arriba, é suficiente para dar lugar a un topónimo de seu. Trátase do PINUS PINEA, unha árbore que chama a atención pola mansedume e suavidade das súas agullas. O nome é unha castelanización da súa forma patrimonial galega: piñeiro, que tamén é un topónimo presente na parroquia.