As Patelas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela
No Dicionario de dicionarios aparece a forma patelas como sinónimo de pateño: pequeno terreo a prado. E, aínda que hoxe en día unha patela é a cesta tradicionalmente empregada para o transporte do peixe, xustamente por ser tamén baixa, e un patelo é un caranguexo ruín, como nada relaciona estas acepcións co noso topónimo, aceptamos a primeira acepción, a dun pequeno terreo a prado, como a máis probable. Patelo, en masculino, tamén é o nome común do Ranunculus repens: planta da familia das ranunculáceas, de follas escuras divididas en tres ou cinco lobos e flores amarelas, que florece de abril a xuño en lugares húmidos e sombrizos.