Monte da Miñoteira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Miñoteira é un zootopónimo que fai referencia a un lugar abundante en miñotos (ou miñatos): nome dunha ave de rapiña (Falco milvus). Hoxe en día, aínda se poden ver miñotos na Miñoteira. Os seus voos e os seus chíos danlle vida a un monte, que xa cada vez é menos variado en especies vexetais e animais.