A Igrexa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Do latín ECCLESIA, na antigüidade grega unha igrexa designaba a reunión de sabios. Logo aplicouse ás xuntanzas dos cristiáns e rematou designando o edificio para o culto. Como xa indicamos ao comenzo, a Igrexa de Ventosela e a estrada que lle dá acceso marca a estrema entre os dous barrios da parroquia: Castiñeira e Vilar do Mato. A igrexa de Ventosela está adiacada a San Martiño e, arredor dela, as terras chámanse o Alto de San Martiño. Aínda que en tempos o adro da Igrexa era o lugar onde se celebraba a festa da parroquia (o magosto, o 11 de novembro), desde hai décadas, esta celebración trasladouse ao Monte da Miñoteira, que conta cunha maior extensión e facilidade de acceso.