Herbadiñeira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela

A aparición no Amillaramento do topónimo Herbadiñas bota algo de luz sobre o topónimo escuro da Herbadiñeira, que acolle leiras, fonte e poza no medio do barrio de Vilar do Mato (entre a de Guedola e a Miñoteira). De estaren emparentados, derivarían ambos de herba (lat. HERBA) e farían referencia a terras con moita herba, como hoxe aínda se constata, ao estaren nunha zona baixa e ben regada.