Os Mangoeiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Porto Cabeiro
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
A orixe deste topónimo está no derivado de manga. Este palabra procede do latín MANICA, derivado de MANUM ("man"), e que era aplicado a realidades alongadas. Polo tanto, Os Mangoeiros refírese a un conxunto de terras alongadas. No Catastro de Ensenada (1756) atopamos a referencia "Mangoeiro" sen complementos do nome. Actualmente se recoñece Os Mangoeiros de Arriba e Os Mangoeiros de Abaixo. En Galiza este topónimo aparece rexistrado en concellos coma Avión (Ourense), Outeiro de Rei (Lugo) ou Toques (A Coruña).