Os Cortizos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela
A cortiza é a casca do corticeiro, árbores que noutras zonas de Galiza chaman sobreira (Quercus suber). O substantivo cortizo ou corticeiro procede do lati?n CORTICEU, é un sinónimo de colmea (descrito máis arriba), e designa os recipientes feitos da casca do corticeiro para acoller as abellas para que fagan nel o mel. Gonzalo Navaza diferencia, na Toponimia de Catoira, os topónimos derivados de Cortizo (onde habería presenza das colmeas) do topónimo Sobreira (ou derivados), onde o que teríamos sería a árbore. No noso caso, contamos con ambos os topónimos, un ao carón do outro, polo que poderiamos chegar á mesma conclusión.