O Camiño da Costa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela

A costa (do latín COSTA) refírese a un terreo en pendente ascendente a miúdo referidos a camiños e vías. É o topónimo que aparece no Catastro de Ensenada como lindeiro noroeste da parroquia (daquela de Reboreda, hoxe de Ventosela) con Cesantes. Queda a seguir da Chan, descendendo cara a Cesantes.