A Mámoa do Rei
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Porto Cabeiro
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
Malia que este lugar agora é coñecido como "A Mámoa do Rei", na tradición popular o nome que lle correspondía era A Pedra do Couto. En todo caso, centrándonos no primeiro caso podemos atender ao topónimo dividíndoo no núcleo (Mámoa) e no complemento do nome (Do Rei ). Por unha banda, mámoa é un substantivo que segundo o dicionario da Real Academia Galega designa un sepulcro prehistórico da época megalítica, formado por un dolmen cuberto por un montículo de terra de planta circular e de arredor de cinco metros de altura. Por outra, do Rei usouse para denominar lugares de reguengo (no Antigo Réxime dependían do rei; isto é, que non estaban sometidos a señorío laico ou eclesiástico). Emporiso, tamén podería facer referencia ao apelido dun propietario posto que antigamente Rei era empregado para aqueles bautizados dos que se descoñecía o pai como Dos Santos ou De Deus.