Cachopeira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Vilar do Mato
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Segundo o dicionario da RAG, un cachopo ou unha cachopa é un tronco dunha árbore a medio secar, ou o anaco de tronco que queda na terra logo de cortada a árbore. No Di-cionario de dicionarios atopamos tamén as acepción de: "Tronco de árbol grueso y viejo con ramaje" e "lugar á beira dos ríos onde quedan ao descuberto as raíces das árbores". Entre nós, pola contra, unha cachopeira é tamén o terrón que acolle un inxerto. Se cadra o nome deriva do corte que se lle adoita facer a unha póla para, a continuación, introducir a nova puga.