Pozos de Zabarís



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

A falta doutra explicación, copiamos a que se dá para o topónimo Sabarís (Baiona), grafía do noso topónimo que tamén atopamos no Amillaramento. A confusión z/s é común en zonas de seseo, aínda que, como xa explicamos, o noso seseo é implosivo ou final e, polo tanto, non afectaría, hoxe en día, a esta palabra. Mais, noutras épocas, si puido facelo. Diversas fontes apuntan á orixe xermánica, sueva, do topónimo Sabarís, que derivaría dun Villa Sabaricii, como nome propio do que derivaría. A palabra sueva Sabaricii deriva de: Sabaria (lugar) + ric o rik (jefe) + -ii (pertenente a) = Sabaricii > Sabariz > Sabarís. Dinos Gonzalo Navaza que Sabaricus (e Sabarigo en galego) foron nomes medievais de orixe xermánica relativamente comúns. Sabarís significaría "de Sabarigo". Zabarís é un val no que hai terras de labradío, regadas polos Pozos de Zabarís (un máis grande e outro máis pequeno). No mesmo lugar dos pozos temos, acondicionado nos anos 90, a Fonte de Zabarís (que antes se atopaba un pouco mais para arriba) e un lavadouro.