Vilar



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Un vilar é un lugar habitado (do latín medieval VILLARE, derivado de VILLA). Mais tamén pode ser "conxunto de terras de labradío, cerradas ou pertencentes a varios donos". Segundo o Dicionario de dicionarios, un vilar pode ser un lugar habitado, un terreno de laboura e mesmo un campo en barbecho despois de ter recollido o froito. Todas estas acepcións poden acaerlle ao noso Vilar, terreo situado entre os Pardiñeiros e As Tortiñas.