Verde Nabal

MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Verde, do latín VIRIDE, designa un lugar con moito e moi bo pasto. Sinónimo de fértil e vizoso. E un nabal é onde se plantan nabos (lat. NAPU): planta comestible da familia das crucíferas, de raíz grosa e carnosa de cor abrancazada, da que se aproveitan, ademais da raíz, as nabizas e os grelos. O Verde Nabal é a zona que queda a seguir da Poza grande, no Depósito novo. Nesa zona atópase tamén o Pozo do Verde Nabal.