Vales



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

A forma vales, é o plural de val, do latín VALLIS, lugar a carón dun río e bañado por el, ou lugar fondo no que conflúen un ou varios montes e cara o que verten as súas augas, que é a definición que máis lle acae aos nosos Vales. En latín esta palabra era de xénero feminino. Este xénero conservouse na maioría dos romances agás en Castellón, francés, portugués e galego, onde mudou ao masculino, posiblemente polo influxo de MONS-MONTIS (o monte).