A Horta



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Porto Cabeiro
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

O substantivo común horta provén do latín HORTUM. Referencia unha terra próxima á casa onde se cultivan diversos legumes, verduras e hortalizas. En Cabeiro, por unha banda, encóntrase A Horta fronte ao Lugar de Romero polo Camiño do Campiño. E, por outra, cun morfema de plural: As Hortas situado enriba do lugar da Melixosa polo Camiño da Melixosa fronte A de Fixón.