A Rachadura



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Topónimo derivado de racha e do verbo rachar "romper, escachar, separar en dúas par-es, partir a madeira en rachas", verbo procedente de *reachar, de acha > ASTULA. Hoxe en día rachear é meter pequenas pedras (rachas) nos buratos das pedras máis grandes dos muros, para atestalas e garantir a solidez do conxunto. A presenza destas rachas, se cadra, son as que motivan este topónimo, que se atopa en Castiñeira, entre a Cabada da Raposa e A Raíns. Tampouco se descarta que o topónimo poida ser consecuencia dalgún movemento sísmico. Na Rachadura temos a Fonte da Rachadura e a Poza da Rachadura (con lavadouro).