O Pozo Negro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Pode designar unha zona do río onde as augas son tranquilas e profundas. Neste caso é unha zona que se atopa na zona do río do Muíño. Por enriba do Outeiro da Ola. Alí había un pozo moi fondo, onde se bañaban os mozos. Tamén había unha laxe do escorregadouro. O adxectivo negro fai referencia a esa fondura, que lle facía negro o fondo. Hoxe en día, e logo da eucaliptización do monte, como nos din os informantes: "o Pozo Negro xa nin é pozo nin é negro".