Poza da Porteliña



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Unha portela é un pequeno cambio no terreo, normalmente orográfico, que marca un cambio de rasante, como é o caso da nosa Porteliña. No lugar tamén temos a Poza da Porteliña, moi importante en tempos, xa que dela partían augas para ambas partes da parroquia e mesmo para Reboreda, pola zona do Rial. Da súa auga regábanse as veigas da Carosa, A Caballera, Souto de Agrelo, A Rachadura, O Alto de San Martiño, O Eido do Abade, As Agrelas, A Cerqueira e boa parte das veigas do Rial.