Ponte de Xan Garrido



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Esta é unha ponte que permite cruzar o río Alvedosa, un pouco antes dos muíños que alí se atopan: o Muíño da Ponte (hoxe en ruíñas) e o Muíño das Xastras (rehabilitado). Esta ponte foi vía principal de comunicación terrestre entre un e outro lado do monte. Por ela cruzaban os de Amoedo que querían chegar a Redondela por un camiño máis curto. E por ela tamén cruzaban os veciños de Castiñeira e do Cadaval que ían ao toxo ou á leña ao monte veciñal, por esa zona.