Pereira dos Socalcos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Varios autores refieren a posibilidade de que este topónimo, que atopamos tanto en Castiñeira como en Vilar do Mato, proveña do latín PETRARIU, abundancial de petra "pedra" ou de PIRARIU, derivado de PIRA "pera". A pereira é unha árbore froiteira que se dá tamén en espazos forestais. A especie silvestre, tamén chamada pereiro, produce uns froitos de pequeno tamaño chamados peros. No caso do segundo topónimo, un socalco (do latín SUB CALCE) é, segundo o Dicionario Estraviz, a (1) Porción horizontal de terreno, numa ladeira ou declive de um monte, sustida por um muro ou (2) O muro que sustém essa terra lavrada na encosta. Nas terras de Ventosela, case toda ela encostada, son moi habituais os socalcos. A Pereira queda entre A Raíns e A Carosa. A Pereira dos Socalcos é a parte alta da Pereira, asocalcada.