A Pedra Talló
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Pedra vén do latín PETRA, e Pedreira, do lati?n PETRARIA, lugar abundante en pedra. Ambos topónimos indican a zona que queda por enriba do Alto de San Martiño. No monte veciñal, en Castiñeira, tamén temos diversos nomes de pedras singulares: As Pedras do Pico (no medio do monte, a subir da Esquiniña), As Pedras de Cerquido (ao pasar os toxais de Campelo), A Pedra da Raposa (no alto do monte, é unha pedra cunha viseira e un oco debaixo, onde dicían que tiña o tobo a raposa) ou As Pedras das Teixugueiras (en Cerquido, entre o Cerrucho e as Laxes das Abellas). Mais de todas elas, as que máis destacan, se cadra, son A Pedra que Fala e A Pedra Talló. Segundo Cabeza Quiles, Talló debeu ser, antes da súa forma actual, un antigo diminutivo TALEOLO, derivado do verbo latino TALEARE "cortar, partir". Conta a lenda que esta pedra, con forma de mesa, se chama así porque os romanos, á súa chegada, tallaron nela un boi, como celebración. A Pedra Talló, ao igual cá Pedra que Fala, atópanse no alto do monte de Castiñeira, na zona das Chans, chegando a Amoedo, ambas cunhas vistas privilexiadas sobre a ría de Vigo.