A Pedra que Fala



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Pedra vén do latín PETRA, e Pedreira, do lati?n PETRARIA, lugar abundante en pedra. Ambos topónimos indican a zona que queda por enriba do Alto de San Martiño. No monte veciñal, en Castiñeira, tamén temos diversos nomes de pedras singulares: As Pedras do Pico (no medio do monte, a subir da Esquiniña), As Pedras de Cerquido (ao pasar os toxais de Campelo), A Pedra da Raposa (no alto do monte, é unha pedra cunha viseira e un oco debaixo, onde dicían que tiña o tobo a raposa) ou As Pedras das Teixugueiras (en Cerquido, entre o Cerrucho e as Laxes das Abellas). Mais de todas elas, as que máis destacan, se cadra, son A Pedra que Fala e A Pedra Talló. A Pedra que Fala é un topónimo singular que fai referencia á capacidade dunha pedra para amplificar o son. Neste caso, a Pedra que Fala é unha pedra oca á que se accede por unha estreita fenda horizontal, logo dun acceso á mesma empinado e difícil.