As Pedras Agudas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Pedra vén do latín PETRA, e Pedreira, do lati?n PETRARIA, lugar abundante en pedra. Ambos topónimos indican a zona que queda por enriba do Alto de San Martiño. Subindo pola igrexa imos dar ao Petróglifo da Pedreira, un dos máis bonitos de Redondela. Nel aparecen motivos xeométricos (espirais), coviñas, e varias montas: figuras humanas sobre équidos. A carón aparecen máis cabalos. Segundo o arqueólogo Manuel Santos, a dirección dos cabalos e a situación do petróglifo sinalan un lugar de paso destes animais, ou un lugar de concentración, de pasto, dos mesmos . Segundo o arqueólogo Xose Lois Vilar, este petróglifo podería marcar a fronteira entre a abundancia de máis gravados de cervos (ao norte) e dar o paso aos de máis cabalos (ao sur). Seguindo en dirección Norte atopamos As Pedras Agudas, un topónimo claro, que indica o isomorfismo deste complexo pétreo, que se erixe sobre o alto do monte. Hai uns anos, o Concello instalou unhas mesas e a Comunidade de augas unha fonte, polo que este complexo é un lugar ideal para un descanso, se se anda de camiñada polo monte, ou para xantar ao aire libre cunhas das vistas máis impresionantes sobre a ría de Vigo. Tamén atopamos na zona A Poza da Pedreira, entre os Petróglifos e As Pedras Agudas.