A Pedral do Muíño

MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Pedra vén do latín PETRA, e Pedreira, do lati?n PETRARIA, lugar abundante en pedra. Ambos topónimos indican a zona que queda por enriba do Alto de San Martiño. Subindo pola igrexa imos dar ao Petróglifo da Pedreira, un dos máis bonitos de Redondela. Nel aparecen motivos xeométricos (espirais), coviñas, e varias montas: figuras humanas sobre équidos. A carón aparecen máis cabalos. Segundo o arqueólogo Manuel Santos, a dirección dos cabalos e a situación do petróglifo sinalan un lugar de paso destes animais, ou un lugar de concentración, de pasto, dos mesmos . Segundo o arqueólogo Xose Lois Vilar, este petróglifo podería marcar a fronteira entre a abundancia de máis gravados de cervos (ao norte) e dar o paso aos de máis cabalos (ao sur).