O Pazo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Este topónimo vén da palabra latina PALATIU "pazo", en referencia a un lugar onde houbo unha casa señorial. No noso caso non se constata a existencia de ningún pazo propiamente dito, aínda que si hai unha casa, antigamente coñecida como o Eido das Señoritas (por viviren nel varias mozas solteiras, vidas de fóra da parroquia) e que logo foi o Eido de Siño Vicente, que foi tenda e taberna durante anos. Tamén se recolle o nome Lugar do Pazo.