Outeiro da Ola



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Un outeiro é unha "pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión". Outeiro procede de ALTARIU, derivado do latín ALTU "alto" + o sufixo -eiro, e refírese a pequenas elevacións de terreo. Tamén hai autores que consideran que é unha formación romance a partir da raíz outo + o sufixo -eiro. En Castiñeira temos o Outeiro da Marta e o Outeiro da Ola, ambos na zona da Carosa, no monte. Unha ola é un recipiente, con forma arredondada, que se usaba para cociñar ou para gardar ou carretar líquidos. Tamén pode ser o remuíño que forman as augas dun río nunha revolta ou cando tropezan cunha pedra ou outro obstáculo. No Outeiro da Ola, que está a rente o río, entre O Río do Muíño e O Pozo Negro, pola zona na que se xuntan os dous ríos (o Campelo e o Alvedosa), hai unha pedra con moitos ocos coma cuncos ou olas, que son os que, se cadra, motivan o nome.